Horóscopo mindoniense 2 (Xullo-Decembro)


16 de Xullo – 15 de Agosto

Nin que decir ten que os nacidos baixo o influxo do Oruxo son a xente mais festeira de Mondoñedo,  pero e un tipo de festa mui distinta a que practican os Quendianos, neste caso o seu amor vai adicado os viños, cervexas, cubatas e cousas similares. Boa parte de esta característica na meirande parte dos Oruxo está basada en que foron concebidos en plenas feiras das San Lucas.

saúde

Como é de esperar, os Oruxo sufrirán problemas co seu fígado nos derradeiros anos da sua vida, debido o gran traballo ao que se veu sometido ese probe figadiño durante tantos e tantos anos de viños e tapas variadas.


Amor

O amor non é algo primordial na vida de un Oruxo, po lo que a parella ideal de éstos será do mesmo tipo dos Ferrerianos, é decir alguén con moitísima paciencia para tolera-los. Por ese motivo complementaríanse ben cos nacidos baixo o símbolo de Coruxeiras.

diñeiro

A economía dos Oruxo sofre altibaixos durante todo o ano, pero debido a sua capacidade de facer amizades, (pasan media vida na rúa) non soen pasar apuros económicos, e acostumados como están eles a beber, nunca pasarán por un mal trago.

 

16 de Agosto – 15 de Setembro

Atopamos neste símbolo a una xente con dotes de mando, os Cintolo son xente nacida para gobernar sobre os demais, pero ao mesmo tempo son mui tradicionais con unhas ideas mui conservadoras (non é de extrañar que entre os nacidos baixo este símbolo atopemos o noso actual presidente da Xunta).  Por eso tampouco resulta extraño ver como disfrutan os nacidos baixo este símbolo cando se acercan as datas da feira medieval.

saúde

Os Cintolo son xente, en certo xeito, hipocondríaca, e decir sempre están preocupados po la sua saúde, pensan que somente a saúde lles poderá arrebatar todo o que conqueriron durante a sua vida, pero en realidade son xente forte e cunha saúde a proba de balas.

Amor

Os Cintolo non teñen mala sorte neste apartado, todo o contrario que as suas parellas, no caso dos homes Cintolo son dos que pensan que: «a muller e a sartén na cociña están ben» e no caso das mulleres Cintolo, xa se sabe quen leva os pantalóns nese fogar, resumindo que as parellas de os Cintolo levarán unha vida mais jodida que o cabalo do Cordeiro

diñeiro

Si hai alguén tocado cunha variña máxica no asunto económico, ese sen dubida é o Cintolo, nunca tivo problemas económicos, pois seguro que na sua familia tamén había algún outro Cintolo do que herdar, tanto o mando, como os cartos

16 de Setembro – 15 de Outubro

Os nacidos no período do Tangueiro son xente mui vengativa, son mui sociables e mui amigos das suas amizades, pero tamén mui rencorosos, así que mellor procurade ser seus amigos denantes que seus rivais.

saúde

Debido a sua manía de estar todo o tempo intentando devolver as patadas recibidas, os Tangueiro tenden a ter problemas musculares con frecuencia, tamén sofren bastante dos nervios, pois esa é unha das suas características principais.

Certo día lle dixeron a unha nai que paseaba da man do seu neno Tangueiro: Non sabía que tiveses xemeliños, e ela encolléndose de hombros respondeu: «Non son xemelos, é un só neno, pero é mui nervioso


Amor

Esta xente son mui complicados neste apartado, porque si hai algo que os mata, son os celos, probe da muller ou home que teña por parella a un Tangueiro, porque se pasará media vida dando explicacións, que non servirán de nada.

diñeiro

Os Tangueiro adoitan a pasar apuros económicos con frecuencia, pois non escatiman en gastos a hora de axustar contas ou pasar media vida espiando a sua parella descuidando así o seu traballo.

16 de Outubro – 15 de Novembro

Nin que decir ten que os tocados baixo o símbolo do Gaiteiro son persoas con gran sentido musical e rítmico, viven por e para a música, se pasan o día cantando, asubiando e tocando, pero o que mais tocan é os fuciños do resto dos mortais con tanta cantinela.

                                                                  saúde

Os Gaiteiro gozan de boa saúde, non así os que viven o seu carón, pois as migrañas son o pan de cada día de estos probes sufridos. Cecais algún que outro Gaiteiro teña que pasar de cando en vez po lo ambulatorio, a que lle saquen a gaita que alguén con pouquiña paciencia lle meteu po lo furado mais escuro.


Amor

No tema do amor, os Gaiteiro teñen poucos problemas para ligar, pois son moitas as ocasións en que se lle achegan o resto dos mortais a escoitar as suas dotes musicais, sucédelles algo mui parecido que os Cayota, o principio todo son flores, pero co tempo tanta mel e tanta gaita chega a fartar.

                                                                 diñeiro

Neste apartado, somente uns pouquiños Gaiteiro chegan a ser afortuados, o resto acaba como dixen no final do apartado da saúde, non hai termo medio.

16 de Novembro – 15 de Decembro

Os nacidos baixo este símbolo son xente mais apegada a sua terra que Prin a sua gorra, raras veces serán vistos mais aló da Xesta, de Pedrido, de Coubeira, ou de Lindín.

saúde

Esta xente raras veces ten problemas de saúde, e somente sofren algún que outro ataque de vértigo cando teñen que facer mais de 10 kms subidos nun coche. Para leva-los ao hospital da Costa primeiro hai que seda-los como facían con aquel negro fortachón naquela serie americana de tv.


Amor

Os nacidos baixo este símbolo adoitan ter problemas para atopar parella, pois estós últimos saen correndo cando se dan conta con quen están a tratar, por eso soen casar con outros do mesmo símbolo.

diñeiro

No tema económico os Padornelo non necesitan moitos ingresos para facer unha vida normal, así que bástalles con montar un pequeniño negocio para ir tirando toda a sua vida.

 

16 de Decembro – 15 de Xaneiro

Os Fervenza son xente mui aventureira, góstalles vivir correndo todo tipo de riscos, por suposto son xente de auga e como tal practican a diario calquera actividade que teña relación con este elemento. (menos bebe-la)

                                                                 saúde

Poucas veces caerán enfermos os Fervenza, pois gozan de unha saúde a proba de bomba, somente algúns pequenos accidentes debido a súa vida aventureira os levarán a pasar po lo ambulatorio.


Amor

Para esta xente o tema amoroso non é primordial, sí, chegan a ligar, e con moita frecuencia, pero as suas relacións son como as dos mariñeiros, «un amor en cada porto».

                                                                 diñeiro

Como o tema do amor, o tema dos cartos tampouco lles importa moito aos Fervenza, o seu carácter aventureiro lles aporta boas saídas en caso de crise económica.

 

 

E isto e todo, si alguén se sinte molesto po lo que eu digo do seu símbolo de nacemento, que non lle día moita importancia, Non fai moito un horóscopo de un diario nacional mui prestixioso me vaticinou a mín, que tería moitísimo éxito no meu traballo pero tamén que ía a pasar por unha enfermedade mui jodida, e aquí estou, con unha saúde a proba de bombas e no paro dende fai mais de un ano.

pincha aquí para volver a


Deja un comentario